Software

O software que utilizamos neste proxecto chámase UltraStar Deluxe, que é unha aplicación de concurso - karaoke feita en Software Libre inspirada no xogo Singstar™ para Playstation®.

Este tipo de xogos son como un karaoke clásico, no sentido do subtitulado das cancións, pero usan música orixinal (ou versións, pero no noso caso usamos orixinais) en vez de MIDI, e dan unha puntuación comparando a túa voz co tono de voz das cancións.

Permiten xogar en varios modos de competición, podendo xogar só unha persoa, varias persoas simultaneamente, ou por turnos.

O interface da que escollemos nos é o seguinte:

  

Escollemos unha solución feita en software libre, pola calidade déste modelo de desenvolvemento, e a adaptabilidade do software producido con el.

Se tes algunha duda, ponte en contacto con nos a través do formulario de contacto.